Nas nóminas de xaneiro actualizouse o tramo da traxectoria profesional que corresponde aos compañeiros que xa tiñan recoñecido algún grao non completado, non se recolle subida ningunha para os que este ano poden acceder ao garo II e ao grao III, pois hai que esperar a que se publique e se solicite, vindo despois cos atrasos correspondentes dende xaneiro deste ano.
Lembramos que tanto na Resolución de 14 de novembro de 2022 como na Resolución de 25 de marzo de 2024, establécese que os efectos económicos da porcentaxe que lle corresponda para as persoas que teñan recoñecido un determinado grado, producirase o 1 de xaneiro do ano 2025.
Sen embargo, non se actualizaron as nóminas coa suba 0,5% pendente do ano pasado, nin se pagou ese 0,5% correpondente aos meses do ano 2024, que pode vir integrada cos atrasos na nómina de febreiro.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras