viernes, 24 de enero de 2025

Concurso de traslado. Publicación no DOG

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Prazo de presentación de solicitudes: sete días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde.

Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario/a de carreira ou interino/a no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos, e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e ata un máximo de 60 puntos.

O desempate, a igualdade de tempo de servizos efectivos, efectuarase mediante o número de escalafón como funcionario/a de carreira.

Poderase admitir a renuncia á participación no concurso dentro do prazo de presentación de instancias e durante os dez días hábiles subseguintes ao do remate do dito prazo.
O persoal funcionario reingresado ao servizo activo mediante adscrición provisional (artigo 68.c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), obrigado a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente, estará excluído da limitación temporal prevista no número 2 desta base. Estará obrigado a solicitar todas as prazas vacantes e posibles resultas anunciadas correspondentes ao seu corpo ou escala da provincia onde se encontre adscrito. De non participar no primeiro concurso convocado con posterioridade á adscrición provisional, pasará á situación de excedencia voluntaria por interese particular. No caso de que, existindo prazas na provincia de adscrición, non solicite todos os postos de traballo ou solicite postos de traballo doutra provincia, e non obteña destino, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estea adscrito adxudicaralle, con carácter definitivo, unha praza no ámbito da provincia en que estea adscrito provisionalmente e, na súa falta, no ámbito da comunidade autónoma.

No caso de non obter destino definitivo e de que se cubrise o posto de traballo que ocupaba provisionalmente, adscribiraáse de novo de forma provisional a un posto de traballo vacante de calquera oficina xudicial ou centro de destino situado na provincia ou na área territorial en que se agrupasen as vacantes para o efecto de concurso.

Con relación ao persoal funcionario adscrito provisional destinado nalgunha unidade organizativa dentro dos partidos xudiciais afectados pola primeira fase de implantación e axuste dos tribunais de instancia, en virtude da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza, non terá a obriga de concursar, xa que as prazas que deberían solicitar non se anuncian neste concurso, polo que permanecerá na situación de adscrición provisional. Con todo, aquel persoal que desexe concursar poderá facelo e, en caso de non obter destino, seguirá en situación de adscrición provisional.

O persoal funcionario que se encontre na situación de excedencia voluntaria establecida no artigo 506.d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por prestación de servizos no sector público), non terá ningunha restrición temporal para reingresar no corpo en que figure na dita situación.

O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa que se encontre adscrito provisionalmente, con anterioridade ao 24.12.2024, por cesar como letrada substituta ou letrado substituto, desfrutará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncien a concurso, postos de traballo xenéricos na localidade onde se encontre adscrito, segundo o establecido no artigo 70.3 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e non perderá a preferencia se, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, volve ser nomeado letrada substituta ou letrado substituto. Se non pode chegar a ocupar tales postos de traballo por concorrer a eles con outro persoal funcionario tamén con dereito preferente, continuará en situación de adscrición provisional ata que se lle poida adxudicar posto de traballo definitivo en virtude da súa participación nos sucesivos concursos e solicitude neles de todas as prazas vacantes na localidade de adscrición.

De non pedir a preferencia indicada, non participar no concurso ou non solicitar todas as prazas vacantes do anexo I da localidade en que se encontre adscrito, mesmo cando non fose anunciada a praza en que se encontre adscrito provisional, derivando diso a non obtención de posto de traballo, será destinado, polo órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estea adscrito, con carácter definitivo a calquera dos postos non adxudicados.

Resolución definitiva

Dado que a implantación dos tribunais de instancia na súa primeira fase debe estar finalizada en xullo de 2025, faise necesario que o proceso deste concurso finalice coa antelación suficiente para reflectir todos os traslados que se produzan no sistema Aino@, polo que a fase provisional será omitida, e pasará a resolverse de forma definitiva de forma coordinada cos órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras