sábado, 25 de enero de 2025

Guía de confección de solicitudes para o concurso de traslado

Modelos e prazos de presentación de solicitudes:


1. Anexo II. Recadro V-1: O persoal funcionario destinado definitivamente en postos de traballo dos corpos e escalas de xestión, tramitación e auxilio, así como o que se encontre en situación de servizos especiais e excedentes por coidado de familiares que teñan reservado o seu posto de traballo, radicados no territorio nacional, sen competencias transferidas, cubrirá a súa solicitude sinalando o recadro V-1 do anexo II, enchendo todas as epígrafes que se lle exixan, e presentaraa no prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

2. Anexo II. Recadro V-2: O persoal funcionario destinado en postos de traballo doutros corpos e escalas da Administración de xustiza ou doutras administracións, que se encontre na excedencia do artigo 506. d) da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, que modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nos corpos e escalas de xestión, tramitación ou auxilio, que desexe solicitar prazas ofertadas neste concurso, cubrirá a súa solicitude sinalando o recadro V-2 do anexo II, enchendo todas as epígrafes que se lle exixan, e presentaraa no prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, segundo o mecanismo indicado no punto 7 desta base.

3. Anexo II. Recadro V-3: As funcionarias e os funcionarios solicitantes que se encontren en calquera das seguintes situacións:

– Excedencia voluntaria por agrupación familiar ou por interese particular.

– Adscrición provisional por reingresar desde a situación de suspensión definitiva.

– Adscrición provisional por reingresar ao seren rehabilitados/as.

– Adscrición provisional por reingresar ao servizo activo que non teñan reserva de posto de traballo.

– Adscrición provisional por cesamento ou renuncia dun posto obtido por libre designación ou por renunciar a un posto obtido por concurso específico.

– Adscrición provisional por reingresar ao cesar como letrada substituta ou letrado substituto.

– Aquel persoal funcionario incurso en reordenación de efectivos do artigo 52.c) do Real decreto 249/96, do 16 de febreiro, ou en reatribución forzosa do artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Confección das solicitudes:

Todas as solicitudes dos modelos V1, V2 e V3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición.

Todas as persoas interesadas que participen neste concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, a nivel nacional, deberán cubrir a solicitude por medios telemáticos entrando na páxina web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/ Concurso de traslados ordinario Gestión Tramitación y Auxilio 2024.

Unha vez que entren na dita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», entrarán no asistente de inscrición e o sistema guiaraos/as na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irán indicando; deberán consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado na dita páxina e, se teñen algunha dúbida, poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 904 605.

Renuncias:

Durante o prazo de presentación de instancias, as funcionarias e os funcionarios participantes poderán presentar cantas instancias coiden oportunas, así como renunciar á participación no concurso, e manterase activa unicamente, como xa se indicou na epígrafe B, a última acción realizada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, poderán renunciar á participación no concurso, segundo o indicado na base primeira, punto 7, durante os dez días hábiles subseguintes ao do remate do dito prazo, pero non se poderá realizar a través do asistente de inscrición, pois xa estará pechado a modificacións, polo que enviarán asinado e escaneado o anexo IV (modelo de alegacións), a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, e confirmarase a súa recepción a través dunha mensaxe de resposta coa palabra «Recibido». No caso de que non teñan constancia da dita resposta, deberán envialo novamente.

Ao enviar o correo electrónico, indicarán na epígrafe «Asunto» RENUNCIA, nun único ficheiro, o cal terá a denominación de apelidos, nome, NIF e modelo de instancia da persoa interesada, co seguinte formato PEREZ PEREZ_LUÍS_00000000K_ V1.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras