Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 5 de novembro de 2024.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos á persoa interesada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, que serán trasladadas á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.