Na
páxina da intranet atópase a seguinte información:
Para acompañarte na activación da
funcionalidade "Envío directo de notificacións e comunicacións a
AAPP" a través de WASMIN, impartiranse
dúas sesións de capacitación telepresencial o día 13/01. Consulta no
apartado de reservas da actividade as sesións dispoñibles.
Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza.
Na intranet tes un enlace para inscribirte.
Pasos para realizar a inscrición
nas sesións
1-Accedes á actividade da
plataforma de capacitación. Se non tes a sesión iniciada, deberás inserir o teu
usuario Xunta ou correo electrónico corporativo e o contrasinal.
2-Matricúlaste na actividade
premendo sobre o botón "Matricularme".
3-Xa podes acceder aos contidos
didácticos de autocapacitación.
4-Unha vez realizado o acceso,
reservas praza na sesión de capacitación que desexes premendo sobre
"Reservar agora".
5-Recibirás un aviso por correo.
Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e hora
correspondentes.