Como recordaredes, o trámite de licitación da prestación da asistencia sanitaria de MUGEJU atopábase suspendida por parte do Tribunal Central de Contratación por causa dun recurso presentado por unha asociación médica.
A Xerente da MUGEJU informou a STAJ de que o Tribunal Central de Contratación acordou desestimar o recurso interposto pola asociación médica e, polo tanto, alzouse a medida cautelar de suspensión que acordara.
A mesa de contratación reunirase esta semana para rematar o procedemento de licitación da prestación do servicio da asistencia sanitaria, acordando de xeito definitivo a adxudicación ás tres compañías que manteñen a prestación do servicio (Adeslas, Nueva Mutua Sanitaria e Asisa).
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras