miércoles, 4 de diciembre de 2024

EGAP: xornada de formación de práctica dixital (e-martes)


No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

A xornada de formación práctica dixital (e-martes) que se desenvolverá o día 17 de decembro de 2024 abordará os seguintes contidos:

Parte teórica e común para os dous grupos de persoas destinatarias:

- De rexisto a rexistro electrónico: pezas clave para a administración electrónica.

Parte práctica para o grupo do persoal encargado público:

- Chave365.

- Sede electrónica da Xunta de Galicia.

- Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:

    - Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
        - Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas).
        - Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro).
        - SIR (Sistema de interconexión de rexistros).
        - Notificación por comparecencia espontánea.
        - Expedición de copias electrónicas auténticas.

Parte práctica para o grupo de cidadanía:

- Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:

    - eServizos.
    - Servizos nas oficinas.
    - Notificación para comparecencia espontánea.
    - Expedición de copias electrónicas auténticas.
    - Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

As persoas destinatarias desta actividade son:

• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

 A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida(Dentro deste grupo  entran os funcionarios de xustiza.)

Data: o martes 17 de decembro de 2024.

Modalidade de impartición: presencial. 

Lugar: EGAP 

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas.

Números de prazas: 50

A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 11 de decembro de 2024.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras