miércoles, 2 de octubre de 2024

STAJ solicita puntos gratuitos de auga nos xulgados de Galicia

Os órganos xudiciais de Galicia non contan con fontes de auga gratuítas, o que hai no mellor dos supostos son máquinas de vending (a peor parte lévana os xulgados de Ferrol, os cales non contan nin cunha cousa nin coa outra). Temos que poñer de manifesto que aos edificios xudiciais non só acoden funcionarios, se non que tamén se debe contar coa presenzas de: profesionais xudiciais, persoal laboral, cidadáns etc. Para facernos unha idea do que isto conleva, na Cidade da Xustiza de Vigo a cal conta con 19 plantas e entre funcionarios, profesionais, persoal laboral, cidadáns etc pasan polo inmoble máis de cincocentas persoas unicamente conta cunha máquina de vendin na planta 3, resultando isto de xeito evidente insuficiente.

A normativa galega neste tema queda recollido na  Lei 6/2021, do 17 de febreiro, artigo 40 Edificios públicos, establécese o seguinte: 

“1. En todos os edificios situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico deberán adoptarse as medidas necesarias para facilitar a recollida separada dos residuos xerados neles, así como fomentarse a instalación e utilización de fontes de auga potable de carácter gratuíto e de envases reutilizables".

Á vista dos órganos xudiciais galegos son de titularidade da Comunidade Autónoma, e a teor tanto do volume de persoas que a eles acoden como polo tempo que eles pasan (un xuízo pode alongarse horas), como en certos supostos a súa idade (persoas maior ou menores de idade), parece un básico a necesidade de puntos de auga gratuítos e abundantes. Entendemos que non é aceptable ter que desprazarse 5 ou 6 plantas arriba ou abaixo en busca de auga.

Ante esta situación, que por outra banda é algo imprescindible nos xulgados, desde STAJ solicitamos que aplique a Lei 6/2021, do 17 de febreiro e que se proceda a dotar aos órganos xudicias de Galicia de puntos de auga gratuitos e suficientes.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras