STAJ tivo coñecemento de que o Ministerio de Xustiza enviou comunicación ás Comunidades Autónomas de que antes do 31 de outubro lle remitan as prazas a ofertar no concurso de traslados.
Tendo en conta que o prazo outorgado ás Comunidades remata o 31 de outubro para a remisión de prazas, e ainda que o Ministerio tiña intención de convocalo neste mes, non cremos factible que antes da primeira ou segunda semana de novembro se publique a súa convocatoria.
A DXX acaba de confirmarnos que o Ministerio xa llas solicitou e que se nos dará traslado previo ás organizacións sindicais das prazas vacantes, antes de remitilas ao Ministerio unha vez rematen a súa elaboración.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras