miércoles, 16 de octubre de 2024

Comisións e substitucións: publicada no DOG a súa modificación

Hoxe publícase no DOG a modificación das comisións de servizo e das substitucións tal e como a propuxera a Dirección Xeral de Xustiza  no seu día, sen cambiar nin unha coma, sen falar coas organizacións sindicais (o traslado por 3 días non é falar e negociar coas organizacións sindicais), e sen convocar ainda unha mesa sectorial para arranxar o que  dous sindicatos desfixeron, porque sí, sen razóns obxetivas, e que levaba dous anos é medio funcionando moi ben.

Que saibades que en moitas comunidades autónomas a normativa e identica ou moi similar, e a ningún sindicato se lle ocurriu impugnar nada, polo que seguiran mantendo esas normativaas que aqui se empeñaron en tirar como fose. Grazas por devolvernos  ao pasado.  

Non hai ningún cambio con respecto ao que publicamos no seu día, nin ao que explicamos xulgado a xulgado do que implica esta modificación da  regulación. 


Na RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia modifícase o que segue: .

As liberacións sindicais e as excedencias con reserva de praza xa non se consideran prazas vacantes. 

Elimínase este apartado (apartado 1 do artigo 2)

1. Sen prexuízo da posibilidade de nomeamento de persoal interino por razóns de urxencia ou necesidade, que terá carácter excepcional, cando un posto de traballo quede vacante e non estea xa provisto, poderá ser cuberto, mediante o outorgamento dunha comisión de servizos, por persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos establecidos no artigo 4 desta norma. Subsidiariamente, de non haber solicitantes ou non reuniren estes os requisitos exixidos, o posto poderá ser cuberto por substitución.


Na RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, as modificacións son as seguintes: 

Artigo 1. Obxecto. Elimínase a parte que está en vermello. 

1. Esta resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos
ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial– que presten os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se atopen vacantes tras seren ofertados en comisión de servizos, ou cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración. Así, cubriranse baixo esta forma de provisión, entre outras, prazas cuxo titular estea ausente por estar en comisión de servizos e prazas que, ofertadas en comisión de servizos, non se cubrisen.

Para estes efectos enténdese por longa duración un período de 61 días naturais ou máis.

Artigo 8. Tramitación das substitucións no caso de prazas convocadas en comisión de
servizos ELIMINADO



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras