miércoles, 10 de diciembre de 2025

Prolongación data xubilación interinos.

DXX comunicou ás delegacións provinciais a posibilidade de que os interinos antes de cumprir os 65 anos poidan solicitar a prórroga nas bolsas de traballo cunha antelación de dous meses.

Lembremos que segundo o Réxime Xeral a idade de xubilación é:

Ano 2026: 66 anos e dez meses.

Ano 2027: 67 anos.

Por tanto aqueles interinos que cumpran os 65 anos e cesen no seu posto de traballo permitiráselle continuar nas listas ata o cumprimento da idade de xubilación que lle corresponda e non se lle impedirá continuar nas bolsas, a condición de que soliciten por email  á delegación territorial que corresponda  a prórroga para permanecer na bolsa de traballo.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras