STAJ solicitou á Dirección Xeral de Xustiza que retiren os parasois que instalaron no edificio xudicial de Cangas. Aínda que non está claro se realmente valerían para a súa función de evitar as elevadísimas temperaturas que se acadan no verán dentro do edificio, o certo é que quitan toda a luz natural das oficinas, bloquean as vistas e da a sensación de estar en oficinas cerradas. Ademáis a luz que entra polos ocos das lamas metálicas é moi molesto. A normativa de seguridade e saúde nos centros de traballo regula as condicións de iluminación que se deben cumplir nunha oficina e os parasois que se instalaron fan que non se cumpla cos requisitos que se recollen na norma.
Aproveitamos para solicitar a limpeza do soto do edificio, onde están as dependencias do arquivo e das pezas de convicción.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras