No día de onte tivemos coñecemento de que a DXX está a enviar acordos de cese de comisión de servizo ou substitución a persoal que está en estas situacións en xulgados das cidades afectadas pola fase III da implantación do Tribunal de Instancia.
Ante estas noticias, puxémonos en contacto telefónico coa DXX e nos din verbalmente que pretenden cesar todas as comisións de servizo e substitucións cando non haxa oco nas áreas que se corresponden cos xulgados onde están a facer a comisión de servizo ou substitución.
Estamos fartos dos continuos cambios de criterio sen información previa por parte da DXX, pero é que ademáis, neste caso, a norma de reorganización di claramente que "co obxecto de garantir a continuidade do servizo, manteranse as comisións de servizo e substitucións, salvo que corresponda o cese polas causas previstas na normativa vixente."
Só se incluiu unha excepción, que é cando ao persoal en comisión de servizo ou substitución horizontal cando se lle adxudique unha praza na mesma unidade na que prestarían servizo en comisión de servizo ou substitución horizontal.
A DXX pretende saltarse a súa propia norma, sospeitamos que coa finalidade última de aforrar gasto en persoal, porque cada persoa en comisión ou substitución que volve ao seu posto en propiedade, fai que, de forma directa ou indirecta, teña que cesar un interino ou interina. O retraso en chamar a un novo interino ou directamente a falta de novo chamamento porque consideren que non é necesario coa nova oficina, supón un aforro de cartos para a DXX, pero unha vulneración ilegal dos dereitos dos traballadores e un total desprezo polo funcionamento da administración de Xustiza, pondo por diante o interese económico que a prestación do servizo.
Hoxe mesmo presentamos escrito á DXX pondo de manifesto o ilegal da súa postura, para que cambie de criterio e respecte a legalidade.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras