Deixámosvos un resumo dos cambios das novas resolucións de comisións de servizo e substitucións.
COMISIÓNS DE SERVIZO
Non
se outorgarán comisións de servizo a persoal funcionario do mesmo centro de destino
salvo nos seguintes casos:
-
Prazas singularizadas.
-
Prazas englobadas dentro dun equipo estrutural ou área distintos daqueles en
que está integrada a praza da que é titular quen a solicita.
- Prazas con algunha especificidade recollida na RPT (gardas, VSM....).
O persoal que teña como posto definitivo un posto singularizado en LD ou de CE non poderá solicitar un posto en comisión de servizos.
Postos susceptibles de seren ocupados por comisión de servizos:
Considérase
praza vacante, para efectos do establecido na presente resolución, aquela
que
estea desocupada polas seguintes causas:
a)
Perda da condición de funcionario/a.
b)
Praza cuxo titular estea en servizos especiais.
c)
Excedencia voluntaria por interese particular.
d)
Excedencia voluntaria por agrupación familiar.
e)
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público.
f)
Praza de nova creación.
g) Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados, concurso específico ou convocatoria en LD.
Na convocatoria de cobertura temporal de postos de traballo mediante comisión de servizos poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover, sempre que transcorrera un ano desde a toma de posesión do último posto de traballo obtido, ben por concurso de traslados, ben por ser persoal de novo ingreso.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días
hábiles.
O
persoal funcionario que á data da respectiva convocatoria estea desempeñando un
posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na dita
convocatoria sempre que leve na
comisión de servizos ou substitución respectiva.
A convocatoria, ademais da causa da desocupación do posto que se oferta, indicará o código da praza, corpo, unidade, centro de destino, localidade e, se for o caso, os requisitos singulares que figuren nas relacións de postos de traballo.
As
persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude o informe preceptivo e non vinculante da persoa responsable
do órgano, servizo ou unidade en que se atope destinado o/a funcionario/a
solicitante.
Todas
as comisións de servizo outorgadas de conformidade coa Resolución do 21 de marzo
de 2022 manterán a súa vixencia ata que proceda a súa prórroga.
SUBSTITUCIÓNS
Esta
resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións,
dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos ou
escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual
e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial–
que presten os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando
estes postos se atopen vacantes, ou cuxo titular estea ausente en períodos de
longa duración.
Para estes efectos enténdese por longa
duración un período de 61 días naturais ou máis.
Clases
de substitucións
Distínguense
as seguintes clases de substitucións:
a.
Substitucións verticais: persoal funcionario nomeado substituto no corpo inmediatamente
superior.
b. Substitucións horizontais: persoal
funcionario nomeado substituto no mesmo corpo.
O
persoal que teña como posto definitivo un posto singularizado en LD ou de CE
non poderá solicitar un posto en substitución.
Con
carácter xeral non se cubrirán por substitución horizontal postos xenéricos con
persoal da mesma unidade ou centro de destino, segundo o caso.
Poderá
solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, o persoal
funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da
Administración de Xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma
de Galicia que estea en situación de activo e leve polo menos un ano no posto.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días
hábiles.
As
persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude, a acreditación da
titulación necesaria para o ingreso no corpo superior ao que pertence o/a funcionario/a,
de ser o caso (só no caso de que non a poida obter a Administración consonte o
disposto no artigo 9).
Criterios
de adxudicación
Prazas
xenéricas. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos
para o desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:
a)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.
b)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e
mesmo centro de destino.
c)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade
e mesmo centro de destino.
d)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de
destino.
c)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro
de destino.
En
todos os casos, de existir varias persoas interesadas respecto de cada un dos
puntos, a quen teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino,
atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional, e de existir empate, quen teña
maior antigüidade no corpo.
Prazas
singularizadas ou con requisitos específicos establecidos na RPT (gardas,
VSM..).
De
haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño
do posto, seguirase a seguinte preferencia:
a)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada da mesma unidade.
b)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.
c)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e
mesmocentro de destino.
d)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade
e mesmocentro de destino.
e)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de
destino.
f)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro
de destino.
En
todos os casos, de existir varias persoas interesadas, a quen teña maior tempo
de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde
xurisdicional, e de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.
Todas
as substitucións outorgadas de conformidade coa Resolución do 18 de maio de
2022 manterán a súa vixencia ata que finalice segundo as causas previstas no
artigo 15.