Tal como vos informamos onte, en virtude das sentenzas
399/2023 e 638/2024, do TSJ de Galicia, e fundamentalmente da sentenza 399/2023
que xa é firme, a DXX dános traslado dun borrador coas modificacións que prevé
introducir tanto na normativa que regula as comisións de servizo como a que
regula as substitucións.
Os cambios son
os seguintes:
En canto á norma
que regula as comisións de servizo anúlase o apartado 1 do artigo 2 que di:
“Sen prexuízo dá posibilidade de nomeamento de persoal
interino por razóns de urxencia ou necesidade, que terá carácter excepcional,
cando un posto de traballo quede vacante e non estea xa provisto, poderá ser
cuberto, mediante o outorgamento dunha comisión de servizos, por persoal
funcionario de carreira que reúna os requisitos establecidos no artigo 4 desta
norma. Subsidiariamente, de non haber solicitantes ou non reuniren estes os
requisitos exixidos, o posto poderá ser cuberto por substitución”.
Anúlase o apartado c do artigo 3 que di que se podían cubrir mediante comisión de
servizos as excedencias voluntarias por
coidado de familiares e o apartado i do mesmo artigo, o cal se refire á
liberación sindical.
Por tanto cando
se produza unha liberación sindical ou unha excedencia por coidado de familiar
non se poderá cubrir dita praza mediante comisión de servizo.
En canto á Resolución que regula as substitucions derógase o apartado 1 do artigo 1 que queda como segue:
“Esta resolución
ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións,
dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos
ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión
procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e máis de
auxilio xudicial– que presten os seus servizos na Administración de xustiza en
Galicia cando estes postos se atopen vacantes, ou cuxo titular estea ausente en
períodos de longa duración. Para estes efectos enténdese por longa duración un
período de 61 días naturais ou máis”.
Antes da suposta
modificación, a día de hoxe di:
“ Esta resolución ten por obxecto regular a provisión
de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao
persoal funcionario integrante dous corpos ou escalas xerais ao servizo de
Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de
tramitación procesual e administrativa e máis de auxilio xudicial– que presten
os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se
atopen vacantes tras seren ofertados en comisión de servizos, ou cuxo titular
estea ausente en períodos de longa duración. Así, cubriranse baixo esta forma
de provisión, entre outras, prazas cuxo titular estea ausente por estar en
comisión de servizos e prazas que, ofertadas en comisión de servizos, non se
cubrisen. Para estes efectos enténdese por longa duración un período de 61 días
naturais ou mais”
Tamén se deroga o artigo 8 que regula a tramitación polo
proceso de substitución das prazas que queden sen cubrir nunha convocatoria
previa de comisións de servizo. Polo que
entendemos que esas prazas xa non as van a cubrir mediante substitucións.
Dende STAJ faremos alegacions o que pretende a DXX dentro do prazo establecido