Por consulta deste sindicato á Dirección Xeral de Xustiza infórmasenos do procedemento a seguir no caso de ser titular en un ou varios corpos en Galicia e querer solicitar a excedencia por prestación de servizos noutro corpo do sector público (artigo 506.d) da LOPX) , de cara á inminente toma de posesión dos aprobados de Xestión:
- Se a excedencia se quere pedir no corpo de Xestión porque se quere continuar na praza de tramitación ou auxilio: debe presentar o modelo PR004A na sede electrónica da Xunta dirixido á Dirección Xeral de Xustiza manifestando que quere quedar en excedencia en xestión e continuar en activo en tramitación ou auxilio, según o caso.
- Se a excedencia se quere pedir no corpo de auxilio ou tramitación porque vai tomar posesión no corpo de Xestión: non cómpre presentar nada, de oficio tramítase pola Dirección Xeral de Xustiza a excedencia no corpo no que estaban en activo unha vez que tome posesión no corpo de Xestión.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras