No DOG do xoves 26 de setembro, publicouse a resolución da EGAP do 18 de setembro de 2024 pola que se convocan seis cursos de formación en prevención de riscos laborais de carácter obrigatorio para o persoal de diversos centros de traballo das provincias de Lugo, Ourense (edificio Xudicial de Ourense) e Pontevedra.
En Ourense, hai 4 edicións para o persoal de nova formación e 2 edicións de "refresco" para o persoal que fixera o curso en anos anteriores. Todos os cursos son de carácter teórico e práctico.
Lembrámosvos que é preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP para poder realizalos. Os solicitantes unha vez rexistrados, deben comunicar ao responsable do seu xulgado a edición elixida.
NOME: Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
DESTINATARIOS: Persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que teña a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do edificio Xudicial de Ourense.
MODALIDADE: Presencial
NOVAS EDICIÓNS:
Primeira edición: 22 e 23 de outubro de 2024
Segunda edición: 24 e 25 de outubro de 2024
Terceira edición: 25 e 26 de novembro de 2024
Cuarta edición: 27 e 28 de novembro de 2024
EDICIÓNS RECICLAXE:
Primeira edición: 19 de novembro de 2024
Segunda edición: 20 de novembro de 2024
Horario: 8.30 a 14.30
Lugar de realización: Aula de formación do Pazo
de Xustiza (3º andar), praza Concepción Arenal,
nº 1, 32003 Ourense