martes, 30 de abril de 2024

STAJ solicita maior seguridade nos órganos xudiciais de Galicia

Na Cidade da Xustiza de Vigo, por parte da DXX procedeuse a activar a tecla de "SEGURIDADE" nos teléfonos das salas de vistas, para os efectos de que no caso de producirse algún incidente póidase dar aviso directo ao número de teléfono 886218942 correspondente ao persoal de seguridade. 

Á vista de que por parte da Administración o que van instalar é unha tecla de "SEGURIDADE" nos teléfonos das salas de vistas, desde STAJ entendemos que isto se pode instalar en todos os teléfonos (sala de vistas e xulgados) de todos os órganos xudiciais de Galicia. Habilitar unha tecla non deixa de ser un acceso rápido, por iso, sen custo para a administración pódese facer para todos, de tal forma que en caso de emerxencia os funcionarios poden chamar de maneira rápida ao persoal de seguridade correspondente. 

Desde STAJ entendemos que o ideal sería un "botón do pánico" debaixo da mesa xa que no caso de que a emerxencia fose por intento de agresión, situación de violencia ou similares, o agresor non sabería que se chama a seguridade, cousa que non ocorre cando se chama por teléfono. Hai que sinalar que nos xulgados de instrución, penais, Violencia sobre a Muller e as seccións penais dos xulgados mixtos están moi expostos a estas situacións.

Independentemente do método empregado, desde STAJ pedimos que se implante en toda a comunidade debido a que os incidentes que requiren da intervención do persoal de seguridade ocorren en todos os partidos xudiciais de Galicia.


Xustificante de presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras