STAJ acaba de presentar escrito solicitando á Dirección Xeral a reactivación urxente do teletraballo en Galicia polos casos de COVID e GRIPE nos xulgados
Neste mes e no seguinte prevese un repunte de casos de covid e gripe que están a facer xa estragos nos Xulgados e oficinas xudiciais de Galicia e dende STAJ consideramos urxente que a Dirección Xeral de Xustiza reaccione á situación.
O Ministerio de Sanidade acaba de recomendar como medida para evitar a propagación o uso do teletraballo.
Os datos de sanidade en Galicia confirman que esta semana o aumento da incidencia aumentou un 37,17% con respecto á semana anterior e ainda non chegamos ao pico. Nos xulgados a situación empeza a ser crítica pola incidencia que vai en aumento dos contaxios deixando ás oficinas baixo mínimos e os informes de sanidade confirman que a situación vai ir a peor e que non chegamos ao pico. A Dirección Xeral debe dictar canto antes unha instrución urxente que siga as recomendacións do Ministerio de Sanidade e restaure o teletraballo como medida para previr a transmisión nas oficinas xudiciais de Galicia.
Dende STAJ solicitamos que se dite instrución expresa na que se permita o teletraballo nas oficinas xudiciais de Galicia polo tempo necesario ata que se reduzan os picos de enfermidade ou ata que o Ministerio aprobe unha nova orde que o regule.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras