lunes, 16 de octubre de 2023

Concurso de traslado. Corrección erros

Mañá 17/10/2023 está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha corrección de erros da Resolución do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convoca concurso de traslado entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

A corrección consiste na eliminación no anexo I da praza do corpo de Xestión P.A. do Xdo de Paz de Cambre, xa que está cuberta por unha persoa funcionaria titular.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras