Postos
en contacto coa DXX infórmasenos o seguinte:
O novo permiso parental ( para fillos/as menores de oito anos ou
acollemento por tempo superior a un ano)
xa se pode solicitar pero non
será remunerado en principio, será a cargo do funcinario ou funcionaria que o solicite.
Como
xa sabedes este é un permiso de aplicación directa aos funcionarios da Administración de Xustiza pero deixouse sen
traspoñer o concernente á remuneración ou prestación económica que deberá
facerse mediante desenvolvemento
regulamentario( Real Decreto do Goberno do Estado) con anterioridade ao 2 de agosto do próximo ano.
Confiamos
que unha vez desenvolto integramente póidase gozar de forma remunerada .
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras