Como
vén sendo práctica habitual, cumpridos os 65 anos a un funcionario interino, iníciaselle un
procedemento de expulsión da bolsa.Se está a traballar, desde o momento que cumpre os 65 anos ata que
se lle cubre a praza pode continuar no
seu posto de traballo pero unha vez que
se lle cese xa non pode volver ás listas de interinos.
Lembramos
que no Réxime Xeral ao cal pertenecen, neste ano esíxese ter 66 anos e catro
meses para poder xubilarse.
Función
Pública de Galicia acordou este ano elevar a 67 anos a idade de xubilación para poder
continuar nas listas de interinos non aplicándose esta medida á Administración
de Xustiza.
O
Real Decreto Lexislativo 5/2015 no seu artigo 3 di:” A xubilación forzosa declararase de oficio ao
cumprir o funcionario os sesenta e cinco anos de idade”.
4.
Con independencia da idade legal de xubilación forzosa establecida no apartado
3 , a idade de xubilación forzosa do
persoal funcionario incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social será, en todo
caso , a que prevexan as normas reguladoras do devandito réxime para o acceso á
pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen coeficiente
redutor por razón da idade.
Desde
o sindicato STAJ , cremos que se debe modificar esta situación e estamos
seguros que máis pronto que tarde ser
fará, ben mediante unha modificación lexislativa ou xurisprudencial como consecuencia da situación de
discriminación que se está producindo.