O pasado mes de decembro no Xulgado de Primeira Instancia
e Instrucción número 1 de Carballo nomeuso unha funcionaria de reforzo dada a
situación de atasco e retraso no partido xudicial desta localidade, a cal tomou
posesión no seu posto de traballo o 29 de decembro de 2022.
A día de hoxe, transcorridos 6 meses dende o seu nomeamento, a situación continúa sendo similar, aumentando expoñencialmente o número de asuntos pendentes de tramitar na sección civil do referido xulgado.
Asemade, hai que ter en conta que este xulgado leva procedementos tan sensibles como os de violencia de xénero, o que supón unha carga de traballo superior ao resto dos xulgados do partido xudicial.
Ademáis, ao redor do 14 de marzo do
presente ano unha compañeira dese xulgado deuse a baixa por incapacidade
temporal, non cubríndose esa mesa ata principios do mes de maio e facéndose cargo
do seu traballo a funcionaria de reforzo nos asuntos de trámite urxente, tendo
que aparcar os procedementos nos que estaba precisamente reforzando. Non
suficiente con iso, a finais de marzo volveu a darse de baixa unha segunda
compañeira, pasando exactamente o mesmo, polo que durante ese mes e medio, o
reforzo non traballou os asuntos que lle correspondían.
Por todo o exposto, STAJ remite escrito á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA PARA QUE SE ACORDE a prórroga do persoal de reforzo designado no xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Carballo, e así atallar o crecente retraso na tramitación e despacho de asuntos e procedementos en trámite.