Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 2 de maio de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga xeral, os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023, nos centros de traballo da Administración de xustiza de Galicia.
Considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:
1. Servizos de garda de xulgados, fiscalías e Instituto de Medicina Legal.
2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.
3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.
4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.
5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza sexa rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios.....
6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes en que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada por un precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.
7. Tramitación de actuacións e procedementos: administrativo e contencioso-administrativo, derivados do proceso de eleccións municipais en curso.
8. Todas as actuacións derivadas do proceso de eleccións sindicais na Administración de xustiza en curso.
Artigo 1
A convocatoria de folga, que afectará o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia os días 4, 9, 10, 11, 16 e 18 de maio de 2023, que se iniciará a partir das 00.00 horas e finalizará ás 23.59 horas de cada un dos días en todos os centros de traballo da Administración de xustiza en Galicia, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen no anexo.
Estes servizos mínimos, especificados no anexo, serán prestados en todo caso de forma presencial.
1. Tribunal Superior de Xustiza.
1.1. Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.2. Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a que preste servizos en cada unha das respectivas seccións, e 1 auxilio xudicial para todas as seccións.
1.3. Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición do Tribunal Superior de Xustiza.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
1.5. Secretaría de Goberno.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a.
2. Audiencias provinciais
2.1. Seccións civís das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.
2.2. Seccións penais e mixtas das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.
2.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial.
3. Xulgados.
3.1. Xulgados que actúen de garda.
Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
3.2. Rexistros civís exclusivos.
– 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para a sección de defuncións, e 2 xestores/as ou 2 tramitadores/as para o resto das funcións do rexistro.
3.3. Xulgados de primeira instancia.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de familia, 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de rexistro civil, 1 xestor/a e 1 tramitador/a.
3.4. Xulgados do mercantil (exclusivos).
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.5. Xulgados de instrución.
– Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
– No resto de xulgados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
– Nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller a dotación será: 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.6. Xulgados do penal.
– 1 xestor/a e 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.7. Xulgado de menores.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio xudicial
3.8 Xulgados do contencioso-administrativo
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.
3.9. Xulgados do social.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción
3.10. Xulgado de vixilancia penitenciaria.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.11. Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller.
– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.
3.12. Xulgados de primeira instancia e instrución de cada localidade.
Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.
No resto do xulgados:
– En localidades con 2 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido co xulgado de garda.
– En localidades con 3 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio compartido para os 2 xulgados que non estean de garda.
– En localidades con 4 xulgados: 1 xestor/a e 1 tramitador/a por xulgado, e 1 auxilio para os 3 xulgados que non estean de garda.
4. Servizos
4.1. Oficinas de rexistro e repartición dos decanatos.
.
– A Coruña e Vigo: 3 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Santiago, Ourense e Pontevedra: 2 de xestión ou de tramitación, e 1 auxilio.
– Ferrol e Lugo: 1 de xestión ou 1 de tramitación, e 1 auxilio.
– Nos decanatos dos xulgados de primeira instancia e instrución que realizan as ditas funcións: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a
4.2. Servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima.
– 1 de xestión ou 1 de tramitación.
4.3. Servizos comúns de notificacións e embargos.
– 1 de xestión, 1 de tramitación e 1 auxilio.
5. Fiscalías.
Ademais do persoal que lle corresponda ao servizo de garda:
– Fiscalía da Comunidade Autónoma: 1 xestor/a ou tramitador/a, e 1 auxilio.
– Fiscalías provinciais: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio; e, a maiores, 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para a Fiscalía de Menores.
– Fiscalías de área: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a, e 1 auxilio.
– Seccións territoriais da Fiscalía: 1 funcionario/a
6. Instituto de Medicina Legal de Galicia.
– En cada subdirección do Imelga: o equipo do persoal que presta o servizo de garda e 1 tramitador/a
7. Xulgados de paz.
– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras