Resolución do director xeral de Xustiza pola que se establecen instrucións específicas respecto a designación do persoal encargado de realizar os servizos mínimos, control e seguimento da folga convocada para os días 4,9,10,11,16 e 18 de maio entre as 00:00 horas e as 23:59 horas no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia.
Persoal que secunde a folga:
Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS. Así, o persoal que non fiche a entrada nos días da convocatoria, entenderase que salvo que teña algunha xustificación rexistrada, secunda a folga.
Para o persoal que se atope algún deses días traballando baixo a modalidade de teletraballo, ou non dispoña de tarxeta identificativa, e non poida fichar a través da plataforma kronos, deberá comunicar esa incidencia ao seguinte correo electrónico con carácter previo aos días da convocatoria de folga: xuridico.rrll.xustiza@xunta.gal
Establecemento de servizos mínimos:
Seguiranse os seguintes criterios:
1. Con carácter xeral, cando haxa máis dunha persoa do correspondente corpo, así como no resto de supostos, para a designación das persoas encargadas de facer os servizos mínimos, seguirase un criterio de orde alfabética do primeiro apelido do persoal funcionario, comezando pola letra “Q”.
2. No caso de que os servizos mínimos correspondan tanto a unha persoa do corpo de xestión como do corpo de tramitación, atenderase ao criterio da letra establecido no punto 1 con independencia do corpo ao que pertenzan, e polo tanto, sen que teña preferencia o corpo de xestión sobre o de tramitación.
3. Esa persoa designada terá como persoal substituto/a, a seguinte persoa á que lle correspondería segundo o establecido no punto anterior, e así sucesivamente, salvo o establecido no punto seguinte.
4. No caso dos auxilios compartidos entre órganos ou seccións, corresponderalle ao funcionario/a de auxilio de cada sección ou xulgado con numeración par en primeiro lugar, despois o impar, seguido do criterio da orde alfabética.
A persoa nomeada substituta será a persoa designada encargada de facer os servizos mínimos no seguinte día e así sucesivamente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras