viernes, 10 de marzo de 2023

Reunión de onte coa Dirección Xeral de Xustiza

Onte a mañán tivo lugar a reunión da Mesa Sectorial de Xustiza en Santiago, deixamos punto por punto o que deu de sí, seguindo a orde en que foron tratados os temas na reunión.

Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias.

O borrador do protocolo, que consideramos debe entrar en vigor canto antes, se vai a enviar, en breve, a informe preceptivo dos órganos da Xunta de Galicia. Dese borrador elimínase a posibilidade de que fora  a Dirección Xeral de Xustiza que fixera un examen previo da situación denunciada para determinar si cumpre os criterios para ser considerado un caso de acoso, podendo arquivar a denuncia sen máis. Unha vez emitidos o informes favorables se publicará e entrará en vigor.  Mais adiante se negociará outro protocolo para conductas discriminatorias de carácter racial, sexual, étnico, relixioso, etc. Ambos protocolos poderíanse unificar nun solo co tempo.

Xulgados Violencia sobre a muller.

O director Xeral mostrouse  coñecedor dos problemas que teñen estes xulgados, tanto os mixtos coma os exclusivos e nesta línea infórmanos da súa intención de levar á comisión mixta Xunta-TSXG unha proposta, aínda non onte no la diu a coñecer aos sindicatos, para que a Sala de Goberno saque unha instrucción que unifique as normas para  repartición dos atestados, entre os xulgados de violencia e os xulgados de instrucción de garda, e tamén que regule e homologue a posta a disposición pola policía dos detidos nos xulgados de toda Galicia, rematando  así coa diversidade de acordos das distintas xuntas de xuices, e co distinto proceder da policía a hora de poñer a disposición aos detidos por delitos de violencia de xénero.

Máis aló do proposto polo Director para levar á comisión mixta, desde STAJ puxemos de manifesto o que si é competencia da Xunta,  a cuestión económica e a horaria, e a Dirección Xeral debe actuar nese eidos de inmediato.

No referente á cuestión económica, STAJ expuxo  a necesidade de que as horas realizadas a maiores páguense como horas extras (sendo esta, a forma máis xusta de pagar as horas feitas sobre a xornada de traballo e a sobrecarga que sufren estos xulgados), e se non aceptan o pago de horas extras, subsidiariamente, solicitamos un sistema de quendas semanais, voluntarias e retribuidas para tódolos xulgados de violencia. A resposta da DXX foi que o que se contempla por agora, son os reforzos ou as prolongacións de xornada, deixando aberta a posibilidade de estudiar, noutra reunión despois de semana santa, a posibilidade de quendas semanas retribuidas e voluntarias.

No referente á compensación horaria, polas moitas horas que se fan demáis tódolos meses nestes xulgados, STAJ propuxo que se deben compensar con días de libranza ante a imposibilidade de compensar as horas feitas de máis un mes, no horario flexible do mes seguinte, pois tódolos meses se fan horas de maís. A DXX mostrouse receptiva  a esta proposta e deixou para a mesa a celebrar despois de semana santa, a negociación concreta dunha solución.

Proposta de formación de reforzo para persoal sen experiencia previa nos xulgados.

Desde a DXX infórmanos, que se poden solicitar xa, e que de feito  xa hai xulgados nos que funcionan de Carballo e Lugo, formadores para os casos de que se incorpore ao xulgado unha persoa (tanto titular como interino) sen experiencia previa. A idea é que sexa un traballador do propio xulgado a que forme. A duración será dun mes (prorrogable un mes máis en caso de ser necesario), e abonarase como unha prolongación de xornada. Isto é algo do cal nos alegramos xa que foi unha reivindicación de STAJ durante anos e ven a solucionar o que de facto xa ocorría nos xulgados, que cando chegaba un compañeiro sen experiencia, os traballadores de xulgado formábano e non cobraban nada por iso, agora isto estaría solucionado.

O formador ou formadores, no caso de que cheguen varias persoas novas a ese xulgado, fiscalía ou servizo deberá ser solicitado polo letrado ou fiscal entre aquel persoal d xulgado que volutariamente queira. No caso de ser mais dunha persoa interesada o letrado ou fiscal proporá o nome dunha. Se non houbese voluntarios nun órgano poderá soliciatarse a un funcionario/a doutro órgano da mesma localidade, da mesma clase de xulgado ou da mesma xurisdicción.

Plan de recuperación tras a folga de letrados e letradas da Administración de xustiza

STAJ proporá, tanto en Galicia como en Madrid ante o Ministerio, que ese posible plan debe chegar a todolas xurisdiccións, a tódolos xulgados e seccións, aos SCNE, aos servizo de rexistro e repartición, aos decanatos, aos servizos de apoio e aos rexistros civis, ás oficnas de atenciao a vítima, hubese feito folga ou non o letrado correspondente, tamén as oficinas que non teñen letrado, e que lle vai medrar o traballo, como as fiscalías, os Imelgas e os xulgados de paz, e debe alcanzar a tódolos funcionarios dos tres corpos xerais.

Neste punto, o director Xeral cre que debe ser o Ministerio quen pague o posible plan de recuperación, pois e parte do conflicto. Neso están tódalas Comunidades Autónomas que conseguiron que se formase un Comité entre as CCAA e o Ministerio para negociar ese posible plan e a financiación do mesmo. De todos xeitos, será despois de rematada a folga cando se evalue o atraso e se diseñe o posible plan.

Concurso de traslados.

No concurso quedaron desertas 93 prazas, 23 de xestión, 26 de tramitación e 44 de auxilio. Marcharon 10 persoas fora de Galicia e veñen 39 a esta Comunidade doutros ámbitos.

Convocaranse de urxencia as comisións de servizo e subsidiariamente as substitucións das prazas que non se cubren no concurso co gallo que  se cubran, tal como solicitamos.

Trasladarannos os criterios, que fixaron dende a Administración unilateralmente, e que usan para que sistema informatico saque os códigos que  determinan os ceses no caso de tomas de posesión nun mesmo órgano de dúas ou mais persoas do mesmo corpo que tomen posesión en días distintos. E comprometense a negociar cos sindicatos os criterios que se terán en conta en futuros concurso de traslados.

Lei órganica de eficiencia organizativa (LOEO)

Esta e a Lei que crea os tribunais de instancia e que , según o Director, se vai aprobar ao longo do mes de abril. Unha vez aprobada se negociaran as rpts, e o resto das condicións de traballo do funcionarios en Galicia.

Tamén nos dixo que en xuño se pode aprobar a Lei de Eficiencia Procesal que modifica as catro leis procesais para adaptalas aos tribunais de instancia.

Calendario laboral

Neste punto a Direción Xeral mandou un borrador co actualización do calendario que data do 2014, e dende STAJ cremos que ademáis deso se debía aproveitar para  mellorar as condicións e os dereitos recollidos nesa normativa, ao final  se comprometeron a negociar un novo calendario laboral, sendo a nosa intención unha modificación profunda do mesmo cando se proceda a negociación sindical.

Bolsa de persoal interino para médicos forenses

Quedou para negociar noutra mesa máis para adiante, aínda que nos comunicaron que a intención da Dirección Xeral é que sexan bolsas abertas que os interesados poidan entran cando queiran sen un prazo para as solicitudes.

Rogos e preguntas.

STAJ pediu:

Que se poñan estores e solucione a falta de espazo do arquivo do Imelga de Santiago e tamén no arquivo dos xulgados de Arzúa.

Que se estudie a posibilidade de regular as gardas de 24 horas para os Imelgas.

Que se propoña e defenda ante o Ministerio a creación dun novo xulgado do penal en Vigo, Ourense, A Coruña e un mixto nas localidades de Viveiro, Ribeira e Vilagarcia e Sarria. O Director dixo que o Ministerio aprobara a creación de 70 xulgados en todo o estado, que cre que a Galicia lle podían corresponder tres, que un sería o xulgado de Violencia de Xénero Comarcal de Santiago, que extendería a competencia territorial ademais de a Santiago a Ribeira, Padrón e Negreira. Tamén indicou que a aprobación da LOEO podía cambiar todo e xa non crearse xulgados.

Pedimos un simulacro de incendios na cidade da Xustiza de Vigo e a eliminación de ruidos, claridades e reververacións.

Pedimos un terminal telefónico por mesa, e o reparto dos ordenadores para o teletraballo,  o Director comprometeuse a volver a falar con AMTEGA  para o reparto canto antes.

Que se busque solución aos problemas constantes coas videoconferencias e que cada sede conte con espazos solo para videoconferencias aparte das salsa de vistas.

A preguntas de STAJ o director xeral contestou o seguinte:

Se van a gastar 770.000 euros en dixitalización dos libros de rexistro civil.

Se vai licitar en breve a instalación de maquinas de vending de bebidas frias e quentes e de comida na grandes sedes xudiciais. Queda pendente o de buscar espazos para office e o dos botellóns de agua.

Se van a licitar as obras no edificio vello da Parda, que afectan ao xulgado de garda, ao imelga e ao decanato.

A avaliación de riscos na Cidade da Xustiza de Vigo será no mes de xuño.

Os xestores e médicos forenses que accederon ao grao II da traxectoria profesional poderían cobrar na nómina deste mes de marzo, e se  non fose posible na de abril seguro. 

Tamen estan traballando para abrir o grao oridnario da traxectoria profesional, pero non será ata que Función Publica vai desenrollando a que correspnde á Administración Xeral da Xunta de Galicia

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras