martes, 26 de noviembre de 2024

EGAP: xornada de formación de práctica dixital (e-martes)

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre sistemas para a contratación pública. 

A xornada de formación práctica dixital (e-martes) que se desenvolverá o día 10 de decembro de 2024 abordará os seguintes contidos:

- A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).

- Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

- O xestor de expedientes de contratación (Plation).

- Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).

- Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.  

As persoas destinatarias desta actividade son:

• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

 A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida(Dentro deste grupo  entran os funcionarios de xustiza.)

Data: o martes 10 de decembro de 2024.

Modalidade de impartición: presencial. 

Lugar: EGAP 

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas.

Números de prazas: 50

A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 3 de decembro de 2024.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras