viernes, 10 de marzo de 2023

Resolución definitiva concurso de traslados

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 18 de agosto de 2022.


Excluír do concurso de traslados o persoal funcionario que se relaciona na páxina web do Ministerio de Xustiza (https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/Concurso-traslados-ordinario-Gestion-Tramitacion-Auxilio-2022).


Para o persoal funcionario que se encontre en activo ou en servizos especiais e non reingrese en ningún dos corpos ou escalas a que se refire o presente concurso, sen que se inclúa neste punto o persoal funcionario que se encontre reingresado provisional, o cesamento deberase efectuar nas datas que a seguir se indican: tramitación procesual e administrativa, o 23 de marzo de 2023, xoves; xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 30 de marzo de 2023, xoves.


Non será necesario que aquel persoal funcionario que se encontre desempeñando un posto de traballo en comisión de servizos se desprace ao órgano xudicial de orixe que teña reservado para formalizar o cesamento, xa que o poderá realizar no órgano en que estea a prestar servizos, para o cal as xerencias farán chegar os documentos ao órgano en que o concursante se encontre desempeñando a comisión. O prazo posesorio que lle corresponde gozar a este persoal contarase tendo en conta a localidade do posto que está a desempeñar efectivamente en comisión, non a do que teña reservado, e a localidade do obtido no concurso.


A toma de posesión do novo destino obtido por concurso, para o persoal funcionario indicado no punto anterior, producirase nos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non hai cambio de localidade do persoal funcionario; nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma; e nos vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe como se é o de destino. O cesamento e o cómputo dos prazos posesorios produciranse cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os de vacacións, que lles fosen concedidos ás persoas interesadas, caso en que o cesamento se efectuará o mesmo día da incorporación das ditas persoas ao seu posto de traballo, comezando entón a contar o prazo posesorio correspondente. Efectuada a toma de posesión, o prazo posesorio considerarase como de servizo activo para todos os efectos. O prazo posesorio será retribuído pola Administración competente respecto á praza obtida en concurso.


Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo na Administración de xustiza nos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial, procedentes desde as situacións administrativas de excedencia voluntaria polo coidado de familiares, de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión de funcións, incluíndo neste punto o persoal funcionario que se encontre adscrito provisional, o prazo posesorio será de vinte días hábiles e deberase computar desde o día da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Este prazo posesorio non será retribuído.


No caso de que o persoal funcionario reingresado por medio do presente concurso se encontre adscrito provisional no corpo ou escala onde reingresa ou en activo noutro corpo ou escala da Administración de xustiza e non quere que se interrompa a súa relación de servizo coa Administración de xustiza, abondará con que, dentro do prazo posesorio de vinte días hábiles, tome posesión no novo corpo ou escala, e considerarase cesado no seu antigo destino coa data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso. Para o efecto, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderá solicitar á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (Servizo de Xustiza), ou ben á Xerencia Territorial de Xustiza do seu actual destino, un permiso retribuído de dous días hábiles se hai cambio de localidade, bardante daqueles supostos en que se teña que desprazar a Canarias, Illes Balears ou Ceuta e Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días hábiles, que se deberán gozar, en calquera caso, dentro do prazo posesorio. A toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.


Os destinos obtidos nas comunidades transferidas son os seguintes: 


Ver resolución completa DOG

BOE


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras