miércoles, 8 de marzo de 2023

Manán xoves 9 de marzo celebramos mesa sectorial de xustiza en Galicia.

Orde do día:

 

  1. Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias
  2. Xulgados Violencia sobre a muller
  3. Proposta de formación de reforzo para persoal sen experiencia previa nos xulgados
  4. Puntos informativos:
    1. Plan de recuperación tras a folga de letrados e letradas da Administración de xustiza
    2. Concurso de traslados
    3. Lei de eficiencia organizativa
    4. Calendario laboral
    5. Bolsa de persoal interino para médicos forenses
  1. Rogos e preguntas

Respecto ó protocolo de acoso laboral, STAJ e precursor desta iniciativa e xa solicitou en repetidas ocasións dende  ano 2016 (Petición 2016) un protocolo de acoso, que finalmente e despois do empeño deste sindicato  vai vela luz en breve. 

No referente ao punto 2 do orde do día, STAJ solicitou en varias ocasións unha mesa de negociación para buscarlle solución ao problema que están a sufrir os/as funcionarios/as dos xulgados de violencia, que saben cando entran, pero  non saben cando van rematar a súa xornada laboral e apenas poden disfrutar da conciliación laboral e familiar.

Respecto o punto 3 da orde do día, STAJ leva anos pedindo un plan de formación para o persoal titular de novo ingreso e para os interinos sen experiencia, e  para aqueles que no destino de orixe non utilizou  Minerva,  tamen ara os que veñen a Galicia en comisión de servizo ou en concurso de traslados doutra CCAA, e para titulares e interinos que cambien de xurisdicción, para que se  formen no novo posto de traballo na tramitación dos expedientes concretos e no manexo do sistema informático (Ver proposta)
Sempre pedimos que a administración sexa quen financie ese aprendizaxe pagando a un titor-formador entre o persoal do propio xulgado ao que van destinados estas persoas, quen de xeito voluntario e  remunerado ensine os novos compañeiros e non lle salga gratis esa formación a Administración  como ata agora. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras