No día de hoxe infórmase
por parte do Decanato dos Xulgados de Vigo de que se van ocupar “provisionalmente”
dende este luns 2 de decembro 26 prazas de garaxe na planta -2 do edificio da
Cidade da Xustiza de Vigo.
Dende STAJ xa viñamos
avisando de que a Dirección Xeral estaba a valorar instalar os arquivos cos
expedientes que teñen que retirar do antigo edificio dos Xulgados da rúa Lalín
no garaxe do novo edificio xudicial.
Deixámosvos aquí
copia do escrito que presentamos o pasado día 4 de novembro.
Os nosos temores
vense cumpridos, porque sen antelación ningunha e coa decisión xa tomada, infórmasenos
agora de que de xeito provisional van colocar os arquivos e retirar as prazas
de garaxe. Nos días de chuvia, nos que máis compañeiros acoden ao traballo en
coche, xa escasean os ocos para aparcar, polo que as 26 prazas de aparcamento
que van retirar non son prescindibles.
Dise no comunicado
do decanato que esta é unha solución provisional, pero non se informa de canto
tempo van estar os arquivos no garaxe, nin cal é o lugar onde se van colocar de
xeito definitivo nin por que non se habilitou aínda ningunha dependencia no
edificio ou noutro lugar para colocar definitivamente os arquivos.
Moito nos tememos
que a Dirección Xeral está a seguir a estratexia de retirar as prazas agora
alegando que é algo temporal para finalmente terminar cerrando esa parte do garaxe
para deixar os arquivos de forma definitiva no garaxe, retirando prazas non
reservadas.