lunes, 4 de noviembre de 2024

STAJ oponse á redución de prazas de garaxe na cidade da xustiza de Vigo para destinalo a arquivo

O espazo previsto para arquivo na sede xudicial resulta insuficiente. A día de hoxe a DXX vese na obrigación de trasladar do edificio vello da rúa Lalín infinidade de caixas que non sabe onde colocar. Aínda que xa se dispón dun local na planta s-2 e está prevista a compra de arquivos rodantes compactos, o espazo é escaso e insuficiente para albergar os expedientes novos.

Barállanse dúas solucións; a primeira sería trasladar  as caixas depositadas na  Rúa Lalín (o edificio ten que quedar totalmente desocupado para iniciar as obras de reforma) á antiga estación de autobuses de Vigo; e a segunda solución sería tabicar parte do garaxe na planta s-2, levando alí o arquivo e suprimindo 20 prazas de garaxe, que son tan necesarias. Deixarse levar pola facilidade de facer un tabique sen ter en conta o prexuízo que se ocasionaría ao persoal ao reducir 20 prazas de garaxe non parece o máis sensato.

Este sindicato non ve factible nin práctica ningunha das dúas solucións e propón que se valore o local que hai preto do Imelga para o traslado dos arquivos.

Por todo iso, dende STAJ interesamos que non sexa precisamente a costa das prazas de garaxe dos funcionarios onde se amplíen os arquivos, que se busque local fóra da sede xudicial se non se quere habilitar o  que está  pegado ao Imelga   e  de ser necesario  que se continúe  o sistema de préstamo como ata  agora.


Ver xustificante

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras