O persoal funcionario que ingresou na Administración de Xustiza como titular dende o ano 2011 (incluido o persoal que acaba de tomar posesión) continúa sendo de MUGEJU aínda que escollesen Seguridade Social e non un seguro privado.
Quen escolleu seguridade social en Galicia, debe usar tarxeta e as receitas do Sergas (receita electrónica en Galicia). No caso de tratarse de medicamentos nutricionais, dietéticos, bacterianos, antialérxicos ou para a reprodución asistida, necesariamente deben prescribirse en receita de MUGEJU acompañada de informe médico para remitilo á Delegación Provincial de Mugeju e así poder VISALO.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras