Bótase
de menos a falta de sinalización orientadora e aqueles carteis que aconsellen sobre o
comportamento máis adecuado.
Últimos estudos publicados ( Universidade de Cornell) demostran que os traballadores expostos a ruídos de teléfonos, conversacións de voz demasiado elevadas, teñen maiores niveis de ansiedade que aqueles que traballan nun lugar tranquilo.
A configuración das oficinas inflúe sobre a
produción de ruído. Hai décadas ( por
iso pensábamos que estaba superado) empezou a difundirse a moda dos centros de
traballo amplos, sen barreiras, sen habitacións nin portas onde todos os
traballadores podían desenvolver o seu labor xuntos.
Na actualidade sabemos que ao único que
conducía era á perda de produtividade e a empeorar o clima laboral xerando
malestar.
O
mellor exemplo de “centros de traballos amplos” na actualidade podémolo atopar
na Cidade da Xustiza de Vigo. Plantas de tres xulgados nun só espazo separados
por armarios a media altura, e plantas con dous xulgados situados un xusto
enfronte do outro separados por pouco mais dun metro de corredor por onde
circulan testemuñas, profesionais, citados para declaracións e todo aquel que
ten a ben preguntar polo estado da súa causa.
Todas estas configuracións e situacións
fundamentalmente xeran ruido e mais ruido.
Por iso desde STAJ solicitamos que instalen carteis onde se lembre que estamos
nun lugar de traballo, que os móbiles estean en silencio, que non se realicen
chamadas dentro das oficinas e que as conversacións se produzan nun ton que
moleste o menos posible.