miércoles, 30 de julio de 2025

Nota explicativa da reorganización do persoal dos Tribunais de Instancia da fase III

Dende a Dirección Xeral de Xustiza remitíronnos o documento definitivo coa norma que vai regular a reorganización de efectivos da Fase III, que se corresponde coas sete cidades de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo. Segundo nos informaron dende a DXX, este borrador non vai ter ningún cambio en canto ao seu contido con respecto ao que van publicar no DOG. Pensamos que o van publicar nos próximos días, porque a DXX informounos de que teñen previsto comezar con esta reorganización no mes de setembro, porque ao final de decembro todo o persoal ten que ten o seu novo posto asignado

Esta normativa vaise aplicar por unha soa vez no momento da reorganización. A súa redacción non é clara de todo e, nalgúns casos, está suxeita a diferentes interpretación.

Por iso, dende STAJ elaboramos esta nota explicativa da norma. Esta explicación, xunto co borrador das RPTs (documento que tamén nos din que non se vai modificar), pode axudar a facer unha idea de onde pode acabar destinada cada persoa despois do proceso de reorganización.

Se xurde calquera dúbida, podedes contactar cos vosos delegados de STAJ


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras