STAJ tivo coñecemento de que o Secretario Coordinador de Pontevedra remitiu un correo electrónico a todos, ou a lo menos moitos, dos Letrados da administración de Xustiza de Pontevedra, mandándolles que tomasen medidas para que os funcionarios dos seus xulgados non teletraballen.
Non entendemos a actitude do coordinador, que chega a insinuar que podería ter que abrir expedientes por incumplimento da xornada laboral, non sabemos si referíndose aos LAJs ou aos funcionarios dos corpos xerais. Dende logo, entre as funcións e as facultades dun secretario coordinador provincial non está a de abrir expedientes disciplinarios aos funcionarios dos corpos xerais da administración de xustiza. Pero é que ademais tampouco é competente para decidir si os funcionarios poden ou non poden teletraballar, posto que esa decisión correspóndelle únicamente á administración, neste caso á Dirección Xeral de Xustiza.
Isto lévanos á segunda parte do problema e tamén a máis importante. A responsable última do problema do teletraballo é a Dirección xeral de xustiza, que está a dar largas, deixando pasar os meses sen establecer unha norma de teletraballo. A Ley Orgánica 1/2025 permite de xeito expreso o teletraballo na administración de xustiza, polo que xa non hai excusa para esta deixadez á hora de exercer as funcións que lle corresponden en materias da súa competencia. Primeiro non se podía porque a normativa non o permitía, logo había que esperar a abril para a conferencia sectorial de xustiza das CCAA co Ministerio, agora é que estamos metidos na implantación dos Tribunais de instancia... Sempre excusas para non facer o traballo que lle corresponde á Dirección xeral.
Por iso dende STAJ presentamos unha queixa formal ante a Dirección Xeral de Xustiza denunciando a intromisión do Secretario coordinador provincial de Pontevedra nas competencias da Dirección Xeral e pedindo por enésima vez unha regulación do teletraballo.
Ademáis, solicitamos tamén por escrito ao Secretario coordinador que se absteña de ditar ordes aos LAX da provincia sobre materias alleas á súa competencia.
Cómpre aclarar que, remitida a nosa queixa ao Secretario coordinador, respondeu que a advertencia de apertura de expedientes disciplinarios refírese exclusivamente aos LAX e en ningún caso aos funcionarios dos corpos xerais.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras