lunes, 20 de febrero de 2023

Actuacións dos funcionarios co LAX en folga: contestación a STAJ do Secretario de Goberno de TSXG.

O pasado martes STAJ dirixiuse ao Secretario de Goberno do TSX de Galicia a fin de que valorara as funcións que debían seguir desempeñando os funcionarios/as dos Corpos Xerais da Administración de Xustiza ante ordes verbais dos LAJ en folga nas oficinas, debido ás situacións que se están a desenvolver nos xulgados. 

Recibimos a súa contestación ao solicitado, á que adxuntou os servizos mínimos acordados polo Ministerio. Recolle a contestación do Secretario de Goberno no seu parágrafo inicial que:

Os LAX “que secudan a folga ningún tipo de actividade poden desenvolver e os que non a secundan ningunha actividade poden deixar de realizar”

Nos últimos párrafos da contestación remitida o Secetario de Goberno dispón que: 

As anteriores actuación son as que se deben garantir, razón pola que están a ser designados determinados LAX dun xeito nominativo como servizos mínimos, conforme coa resolución do Secretario Xeral da Administración de Xustiza. Esta situación non afecta aos que non secunden a folga e que, por iso mesmo, deben realizar todas as función que lle correspondan.
“…En ambas situacións, LAX en servizos mínimos e LAX que non secundan, os funcionarios dos corpos xerais deberán desenvolver tarefas que lle sexan encomedadas por aqueles conforme co artigo 457 da LOPX, e no caso de desconformidade o funcionario ou funcionarios afectados poderán interponer recurso ante a secretaría de coordinación provincial correspondente”.

Según o parágrafo anterior e en relación cos servizos mínimos fixados aos LAX. O artigo 457 da LOPX dispón: 

Los letrados de la Administración de Justicia dirigirán en el aspecto técnico-procesal al personal integrante de la Oficina judicial, ordenando su actividad e impartiendo las órdenes e instrucciones que estime pertinentes en el ejercicio de esta función.

Polo tanto, examinada a resposta do Secretario de Goberno  do TSX de Galicia así como os servizos mínimos fixados polo Ministerio de Xustiza, dende STAJ entendemos  que non forma parte das funcións dos Letrados en folga  nada do contemplado no artigo 457; esto é, cando un LAJ fai folga deixa de dirixir o aspecto técnico-procesal da oficina, non ordena a súa actividade nin pode impartir as ordes e instrucións que estime pertinentes no exercicio da súa función porque está facendo folga e como di o Secretario de Goberno " ningún tipo de actividade pode desenvolver nin ordenar aos funcionarios, nin no sentido de facer nin no  sentido de deixar de facer. 

Deste xeito, está claro que a oficina pode seguer desenvolvendo o seu traballo sen a dirección técnica do LAJ e unha vez se incorpore ao seu posto de traballo, o LAJ valorará se as resolucións confeccionadas e remitidas para firma, as resolucións xudiciais notificadas e os escritos repartidos e aceptados polos decanatos e as oficinas xudiciais se fixeron de xeito pertinente ou non, según o seu criterio. 


Preme aquí para acceder aos servizos mínimos


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras