Xustiza Dixital é unha solución tecnolóxica que permite o tratamento electrónico da información e que supon a interconexión de cinco sistemas, MINERVA, LEXNET, PORTASINATURAS ELECTRÓNICO, CARGADOR DE EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS e por último o VISOR DE EXPEDIENTES, que permite a visión completa e íntegra do expediente xudicial electrónico xerado en Minerva. Precisamente é o Visor de Expedientes quen mais problemas nos está plantexando no día a día.
Cando nos chaman por teléfono, o ideal sería, tendo
en conta a supresión do soporte papel, dispoñer dun terminal telefónico á
beira do computador. Xa non podemos como se facía antes, trasladar o
procedemento xudicial xunto ao teléfono para atender a chamada; agora teriamos que desprazar o computador ou
estar a dar paseos entre o computador e o teléfono.
As novas
necesidades xurdidas da crise do coronavirus puxeron de manifesto que, en
ocasións, non só é posible senón desexable, que os empregados públicos presten
os seus servizos desde os seus propios domicilios. Isto permite reducir ao máximo a mobilidade innecesaria e a
concentración de persoas en espazos pechados pero todo iso veríase moi favorecido
se contamos cada un dos funcionarios cun teléfono e así poder desviar a chamada
ao noso lugar de teletraballo, sen necesidade de que outros funcionarios que estan na oficina interveñan e fagan de intermedarios.
