martes, 14 de febrero de 2023

Folga LAJs: STAJ pide ao Secretario de Goberno que aclare que funcións son compatibles coa folga

Tendo en conta que a situación empeza a ser insostible en algúns xulgados onde se prohibiu de maneira absoluta e de palabra polo correspondente Letrado a tramitación de todo tipo de expediente, dende STAJ solicitamos ao Secretario de Goberno do TSX de Galicia a través dun correo electrónico enviado onte que aclare de xeito urxente que  traballo, dentro da súas funcións, pode seguir facendo o persoal de xustiza nos xulgados e demáis servizos onde o LAJ está en folga, tendo en conta e respetando o lexítimo dereito de folga dos LAJs, así como os servizos mínimos acordados. 

Ante as situacións cada vez máis incómodas e desagradables que se están empezando a xestar en xulgados de Galicia e para evitar enfrentamentos entre os LAJ e o persoal dos corpos xerais, vemos imprescindible aclarar onde empezan unhas funcións e rematan as outras, sen entorpecer o dereito de folga.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras