viernes, 1 de febrero de 2013

Campaña de vixilancia da saúde.

 No DOGA de onte 31 de Xaneiro de 2013, publicouse a RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se lle dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2013 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza-Servizo de Prevención de Riscos Laborais): webriscos.xunta.es

O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, para o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e para o persoal que, durante o prazo de solicitude, estea gozando das vacacións.     Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Resolución