Publicado na intranet:
Por motivos técnicos, nos próximos meses será necesario substituír as actuais tarxetas de persoa empregada pública de modelos anteriores a maio de 2022 por un novo modelo con novas capacidades. Por ese motivo hai en marcha un proxecto dirixido a emitir e entregar unha nova tarxeta a todas as persoas afectadas. Non será necesario que solicites esta renovación, pois as tarxetas a substituír están xa previamente identificadas e será planificada a súa progresiva impresión e entrega.
As persoas afectadas serán progresivamente avisadas por correo electrónico. Si será importante que permanezas atento/a ante a posible recepción desta mensaxe e, de recibila, que sigas as instrucións que nela se dean para acordar a entrega da nova tarxeta. Mentres, poderás seguir usando normalmente a tarxeta actual, mantendo os mesmos códigos PIN e PUK que empregas na actualidade. Podes consultar máis información sobre as tarxetas na intranet.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras