O pasado
venres celebrouse a segunda Mesa Sectorial de Xustiza co gallo de acordar un
texto para o acceso ao Grao I e Grao II extraordinarios da Traxectoria
Profesional, tendo como base da negociación o segundo borrador que a Dirección
Xeral nos enviou o xoves e que vos pasamos ese mesmo día xunto coas alegacións
que lle fixemos chegar á Xunta.
STAJ, vistas as melloras que se realizaron no texto, -moitas delas propostas por este sindicato-, e as que posiblemente se
introducirán na negociación das bases do proceso de solicitude e concesión da
Traxectoria Profesional, votamos
favorablemente ao texto, que pretenden levar o xoves próximo ao
Consello da Xunta para a súa aprobación e posterior publicación no DOG. A
Dirección Xeral ten pensado negociar as bases do proceso de solicitude e
concesión ao longo do mes de novembro e publicalas coa a apertura do prazo de
solicitudes a finais do mesmo mes.
Temos que apuntar que por primeira vez se fixo unha
verdadeira negociación na Mesa
Sectorial, o que lle agradecemos ao novo equipo da DXX, que non fixo como en
reunións anteriores, onde se levaron cousas xa previamente pactadas con parte dos sindicatos, asumíndose, esta vez, pola Dirección Xeral boa parte das nosas
propostas e melloras.
Deixamos as melloras máis importantes conseguidas ao
texto inicial que mandou a Xunta.
.- Incorpórase ao texto que a traxectoria é
aplicable a funcionarios de carreira e funcionarios interinos, sendo éste un
efecto directo das sentenzas gañadas, unha delas por STAJ, no TSXG. Aos
interinos só se
lle vai a recoñecer dende xaneiro de 2022.
.- Ao persoal interino aplicaráselle este Acordo de xustiza,
non o que se pacte no seo da Xunta. Esto
significa que teremos as mesmas condicións titulares e interinos de Xustiza, e
non cabe discriminación para titulares se o Acordo da Xunta ten mellores
condicións que o de Xustiza, nin para os interinos si aquel Acordo tivese
peores condicións.
.- Quítanse as expresións de permanencia “continuada
e ininterrompida” nun grao para acceder ao seguinte. Esas
expresions perxudicaban ao peroal interino que non pode permanecer en activo de
forma permanente e initerrumpida e aos titulares que pedisen o disfrute de
determinadas excedencias e outras situacións administrativas.
.- Na caso dos servizos prestados ou antigüidade
para acceder aos distintos graos elimínase a expresión “ininterrompidos” o
que perxudicaría no mesmo senso e as mesmas persoas que no casos anteriores.
.- No caso dos médicos forenses e dos
xestores, estarán un ano menos no Grao II antes de acceder ao Grao III,
elimínandose deste xeito o agravio comparativo existente, xa que hasta agora
debían estar un ano máis en cada Grao que os auxilios e tramitadores.
Esta diferenza de trato levouse por STAJ na demanda ante o TSXG, que argumentou que que só se
entendía esa diferenza por motivos de aforro económico, pero ao alcanzar,
xestores e médicos frenses o 100% do Grao corespondente, ainda que fose mais
tarde, non se percibía discriminación, e dende entón foi unha das nosas principais
reivindicacións.
.- Modificouse que os méritos para acceder ao
Grao II de xestion e médico forenses pasasen a estar referenciados a 31/12/2022,
e non a 31/21/2021 gañando un ano para poder cumprir cos méritos.
.- Modifícanse as porcentaxe a cobrar durante
os 3 anos de permanencia no Grao II tanto para auxilios e tramitadores -que xa
este ano van cobrar o 60% das cantidades correspondentes a ese Grao, con
efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2022-, como para médicos forense e
xestores que a partires de xaneiro do 2023 cobrarán 60% do Grao II. Quedando distribuida a cantidade
total nos tres anos do Grao II nun 60%-20%-20% para tódolos corpos. Antes
estaba estipulada a seguinte distribución 50%-75%-100%.
.- Tamén se inclue que as persoas que mediante sentenza
xudicial obteñen o dereito á Traxectoria Profesional de Grao I
nas mesmas condicións que o persoal de carreira poderán solicitar o Grao II no
prazo dun mes dende a firmeza da sentenza.
.- Este Acordo deixa sen efecto o Acordo de 10 de
xuño de 2020 entre e Xunta e os sindicatos SPJ-USO, UGT e CCOO.
Entre as melloras que se poden conseguir na
negociación das bases de solicitude de acceso e de concesion da traxectoria,
están dúas das mais importantes pedidas por STAJ:
.- Que a convocatoria sexa permanente e aberta
para que se poida pedir en calquera momento en que se conte coas condicións e posúa os méritos exixidos,
si esto non fose posible, que se abra cada 6 meses.
.- Que se abra ao mesmo tempo que para auxilio e tramitadores, o prazo de solicitudes para o acceso ao Grao II para médicos forenses e xestores e se manteña aberto ata finais de xaneiro de 2023 para que dé tempo a presentar méritos obtidos a 31/12/2022, así non se retrasaría a solicitude e o cobro das cantidades correspondentes.