A plataforma remitirá unha nota conxunta respecto dos temas obxecto de reivindicación dos cinco sindicatos da plataforma.
No día de hoxe tivo lugar unha mal chamada mesa sectorial, porque como xa adoita facer a DXX, non hai posibilidade de decidir nada cando se reúne cos sindicatos. Solo dá información, pero sen decidir nada ou con todo xa decidido de antemán. Adiantamos o que expuxo o Director xeral sobre outros temas:
En primeiro lugar o director xeral fixo explicación dos puntos da orde do día. Admite a existencia de problemas, pero segundo el a situación non é caótica e os datos que manexa falan dunha baixada moi leve do traballo que saca o persoal.
Pretende dotar tecnolóxicamente as Oficinas de Xustiza Municipal para o que están a facer enquisas para coñecer as necesidades técnicas e nos locales.
En canto ás ubicacións físicas do persoal, teñen a idea de ampliar a segunda pranta en Santiago. Tamén abrir a 4ª planta do edificio novo de Pontevedra para meter todo o servizo común de execución. Na Coruña están a buscar solucións para a reubicación. Ante solicitudes das organizacións sindicais, a DXX amósase aberta a tratar cos representantes dos traballadores as reubicacións do persoal. Ainda están estudiando onde se ubicará a oficina de atención ao cidadán en Ourense.
A DXX di que pretenden modernizar a sinaléctica dos edificios, incluso con pantallas informativas e aplicacións móbiles que permitan aos usuarios dirixirse a onde precisen por si mesmos. Están tamén a buscar solucións comúns para todas as localidades para os teléfonos e os correos electrónicos. Coma ven sendo habitual, sen escoitar aos traballadores.
Con respecto á chegada de ATENEA, o programa informático que vai substituir a Minerva, AMTEGA xa ten no seu poder as ferramentas para adaptar Minerva a Atenea. Informa a DXX de que é posible de que no mes de outubro xa se implante nalgunha sección ou servizo ATENEA como proxecto piloto, dado que Minerva caduca o 28/02/2027. No ano 2027 preténdese implementar a numeración única dos procedementos nos Tribunais de Instancia, con independencia da praza xudicial ou incluso da xurisdición. AMTEGA está a implantar tamén unha actualización por localidades para corrixir os problemas de sincronización entre MINERVA e eFidelius
Con respecto Seccións de VSM en Santiago e Ourense, recoñece moitas disfuncións e a creación de salas de vistas naqueles partidos onde se soliciten, incrementando os equipos de videoconferencia para aqueles lugares onde se soliciten, sempre e cando haxa espacio no edificio para habilitar estas salas.
Outra información:
Climatización. A partir do día 9 deste mes, comezarán a informar das localidades ou oficinas nas que van instalar sistemas de climatización (adiantaron que o edificio vello da Parda e a Audiencia Provincial de Pontevedra e algunhas vilas). Mentres non se instalan, están a mandar aparatos de climatización portátiles nos sitios onde se lles solicitan e eles consideran necesarios.
Gas radón. A DXX di que teñen os resultados das medicións de radón e que non son preocupantes en ningunha localidade, pero aínda así seguen sen publicalos ou poñelos en coñecemento dos traballadores nin aos seus representantes.
Cese do persoal interino. Manteñen o criterio de cese por cambio de situación administrativa, argumentando que, agora que hai RPTs, os interinos cesan cando finaliza o motivo polo que foron nomeados. Por outra banda, informan de que o cesamento dos interinos que leven máis de 3 anos só se aplicará aos interinos nomeados dende a publicación da nova bolsa.
Nova bolsa de interinos. A DXX informounos de que se presentaron 3.800 solicitudes de inclusión nas novas bolsas de interinos en total, en todos os corpos e provincias. Nos adiantan de que no mes de agosto poderían sacar as listas provisionais.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras