jueves, 4 de agosto de 2022

Substitucións entre titulares. Novos avisos

Saíu publicada, con data do 4 de agosto de 2022, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

IMPORTANTE: Debido á entrada en vigor da Resolución de 18/05/2022 aquelas prazas que queden desertas tras ser ofertadas en comisión publicaranse de oficio pola Dirección Xeral de Xustiza. Todas as persoas interesadas, da mesma ou distinta unidade, deben presentar a solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta.

Solicitudes

1. Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX,  as solicitudes deberán ser presentadas a traves da https://sede.xunta.gal/portada mediante a modelo solicitude xenérica co código PR004A

2. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.

4. O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras