jueves, 18 de agosto de 2022

Bolsas de traballo de persoal interino, publicación de novas listaxes

Na confección das listaxes resultantes correspondentes ás novas bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza publicadas o pasado 29 de xullo, a baremación do apartado correspondente á formación continua de determinadas solicitudes realizouse aproximando a dous decimais, cando o criterio xeral empregado foi o de aproximar a un decimal.

Por esta razón cómpre publicar de novo as listaxes resultantes das persoas admitidas e excluídas aplicando para todos os casos o criterio xeral.

As novas listaxes publicaranse mañá venres 19 de agosto na intranet, na páxina web da Consellería e na OPAX.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras