viernes, 19 de agosto de 2022

Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para Celga.

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Convocanse , con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2022/23, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Recordade que os cursos de linguaxe administrativa galego son equivalentes  aos de linguaxe xurídica.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras