viernes, 15 de julio de 2022

STAJ informa: substitución do corpo de xestión a Letrado Admond. Xustiza

Na mesa sectorial celebrada onte en Madrid, tratouse tamén a limitación temporal das substitución entre Letrados A.X., así como a substitución dos xestores ao corpo de Letrados A.X.

As substitucións entre Letrados A.X. deben limitarse temporalmente a non máis dun mes, ou menos segundo as características da substitución. Substitucións por maior prazo deben realizarse por Letrados substitutos, preferentemente por persoal do Corpo de Xestión P.A.

Os xestores P.A. que realicen substitución a Letrados A.X. deberían manter o seu posto de orixe e a súa antigüidade como xestores a efectos de escalafón, ademais de todos os dereitos económicos e dereitos pasivos durante o tempo que desempeñen o posto como Letrados A.X.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras