O Ministerio de Xustiza convoca a STAJ e demáis integrantes da Mesa Sectorial da Administracion de Xustiza (UGT, CCOO, CSIF, CIG, ELA), o xoves 14 de xullo ás 12,30 (continuación da iniciada o 16 de xuño), para a negociación do proxecto de real decreto polo que se modifica o Real Decreto 1130/2003, do 5 de setembro, polo que se regula o réxime retributivo do Corpo de Secretarios Xudiciais así como o Real Decreto 2033/2009, do 30 de decembro, polo que se determinan o postos tipo adscritos ao Corpo de Secretarios Xudiciais a efectos do complemento xeral de posto, a asignación inicial do complemento específico e as retribucións por substitucións que impliquen o desempeño conxunto doutra función.
Farase referencia á proposta de bases de convocatoria dos procesos selectivos de quenda libre das OEPs ordinarias de reposición 2020, 2021 e 2022 e outras informacións relacionadas coa súa execución.
Dende STAJ, seguiremos informando.