No DOG e no BOE de hoxe faise pública a RESOLUCIÓN do 6 de xullo de
2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a
convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun
posto de traballo vacante na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.
Posto de traballo: Posto de
coordinador/a da oficina fiscal; Xestión procesual e administrativa; localidade
Santiago de Compostela.
Requisitos e condicións de
participación: persoal funcionario de carreira pertencente ao
corpo de xestión procesual e administrativa, calquera que sexa o ámbito
territorial en que estea destinado.
Prazo de presentación será de
dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da
presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e mais no Boletín Oficial
del Estado.
Solicitudes: deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Documentación: Xunto coa
solicitude deberá aportarse a documentación que acredite os requisitos exixidos
e os méritos alegados, que deberanse relacionar no modelo de solicitude(anexo
IV) da presente convocatoria.
