jueves, 2 de junio de 2022

Contenciosos e Mercantil serán os primeiros xulgados que se trasladen á nova Cidade de Xustiza de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este pasado luns que o Contencioso-Administrativo e o Mercantil serán os primeiros xulgados que se trasladen á nova Cidade de Xustiza. Ademais, avanzou o reinicio das xornadas de portas abertas na Cidade da Xustiza dado o interese da cidadanía por coñecer as novas infraestruturas xudiciais da cidade.

A representante autonómica pasou revista ás dependencias xunto ao arquitecto Alfonso Penela, autor da reforma do emblemático edificio vigués. Dentro do cronograma previsto para a apertura das instalacións, explicou que o ritmo de traslado á nova sede acordouse coas autoridades xudiciais e fiscais, fixando que se instalen dous órganos xudiciais cada semana.

Desta forma, os criterios para os traslado irán en función das unidades con menos público e que compartan sala de vistas. En primeiro lugar, entrarían na Cidade da Xustiza o os dous Contencioso-Administrativo xunto a Primeira Instancia 4 e reforzo de Primeira Instancia. A continuación, Social 6 e Instancia 5, e Mercantil e Penal 1. Previamente, procederase a trasladar os arquivos rodantes.

Así, a actividade xudicial verase minimamente afectada e non haberá que suspender os xuízos xa programados. A este ritmo estímase que o traslado se completará nun período de 28 semanas (6,5 meses). Para poder iniciar o traslado ao novo edificio xudicial de Vigo é imprescindible que o Concello de Vigo conceda a licenza de primeira ocupación, para o que xa se está presentando a última documentación necesaria.

“Tal e como explicaron a semana pasada os máximos representantes do Poder Xudicial, durante a visita do rei Felipe VI, estamos ante o mellor edificio da Administración de Xustiza en España, un inmoble que xa é a envexa de todo o territorio nacional e que sen dúbida é o máis importante de Galicia”, sinalou.

Ver noticia

 STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras