jueves, 2 de junio de 2022

A Xunta e o Goberno central acordan a asignación de 10,7M€ de fondos europeos a Galicia para a modernización da Administración da Xustiza

O Goberno central aprobou a semana pasada as asignacións ás comunidades autónomas dos fondos de Xustiza ao abeiro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos fondos europeos Next Generation, dos que se destinará a Galicia 10,7 millóns de euros. Así se acordou na conferencia sectorial de Xustiza entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas na que participou a secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz.

No encontro, o Ministerio de Xustiza comprometeuse a liberar os fondos no próximo mes de xuño. Os fondos asignaranse para este exercicio de 2022 e o de 2023, polo que antes de finais de 2023 a Xunta terá de prazo para comprometer os proxectos e executalos antes de finais de novembro de 2025.

Dos fondos Next Generation que recibirá Galicia neste ámbito, destacan os 4,6 millóns de euros que van destinados á aplicación do Proxecto Cero para mellorar a interoperabilidade dos elementos dixitais comúns. En concreto, investiranse en melloras da infraestrutura tecnolóxica e na posta en marcha de proxectos de ciberseguridade e de textualización para transcribir a texto actuacións gravadas en audio.

Ver noticia completa

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras